Suba unilateral para os veciños

Suba unilateral para os veciños
04 de Xullo, 2024 - 03:05 h. | Publicada por Radio Fene

“Un burato máis nas arcas municipais”. Así ve Manuel Polo, concelleiro de Obras, Vivenda e Urbanismo de Fene a suba que pretende aplicar a Xunta no canon que pagan os concellos a SOGAMA e que recaerá nos petos da veciñanza. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Non nos parece de recibo”, resume Manuel Polo a opinión do Concello de Fene. Acusa á Xunta de aplicar dunha “suba unilateral despois das eleccións autonómicas, por suposto, a Xunta di que nos vai dar máis cartos pero xa sabemos como é isto e facer cousas invitando eles e pagamos nós”. O concelleiro de Fene explicou que “a nosa proposta é modificar o modelo pasar da incineración a outro menos contaminante”. Sobre a reforma do PXOM de Fene, Polo mostrouse comprensivo coas demandas da Plataforma veciñal “están descridos e teñen razón, so hai que mirar atrás, nos últimos 14-15 anos avanzouse ben pouco”. “O PXOM vai saír sen ningún xénero de dúbida, que se vai facer con toda a seguridade”, afirmou rotundo. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora