Subimos na moto

Subimos na moto
25 de Decembro, 2020 - 09:45 h. | Publicada por Radio Fene

Noa, Brais e Alberto Pazo en Radio Fene. O motociclismo centrará o programa A Fenestra de Radio Fene o vindeiro luns día 28 ás 11 da mañá. O vencedor no campionato galego de minimotard 2019 Brais Pazo visitará os nosos estudios. Tamén estará a súa irmá Noa, e o seu pai Alberto. Os ointes poderán participar facendolle preguntas a través do teléfono 981 4992848 ou con notas de voz ao whatsapp 659193663

Brais Pazo en Radio Fene

O programa poderá oirse no 107.7 da Frecuencia Modulada e a través da web www.radiofusion.eu. Brais, alumno do Colexio O Ramo de Barallobre comezou no motociclismo sendo ben pequeno e aí segue dende entón. No verán de 2020 acadou o primeiro posto no circuito de A Pastoriza de Lugo. Alí correu tamén a súa irmá, Noa Pazo, que conseguiu o sexto posto. Esta carreira formaba parte do VF Challenge Moto Race 2020, trofeo federado que se celebra en distintos circuitos de Galicia. As probas puntuaban para o Campionato Galego de Velocidade e para o Trofeo Ibérico de Supermoto. Na última carreira celebrada en Forcarei, Brais venceu nas dúas mangase Noa subiu de terceira ao podio de Minimotos iniciación. O xove gañou este ano o Trofeo Moto Race Challenge en Minimotard 190 foi campión no campionato galego de minimotard 65 2019. Xa se proclamara tamén campión galego MiniGP 2018 en 110 centímetros cúbicos e Campión do Motorace Challenge. Presentará o espazo de radio o xornalista Carlos Aguado coa dirección técnica de Xavier Fernández. 

Deportes

Publica o teu comentario agora