Subir o Tourmalet

Subir o Tourmalet
05 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Na Liga da Segunda Galicia de fútbol, o Barallobre recibe ao Rápido de Neda este domingo ás catro da tarde no campo do Ramo. Os equipos que están na parte de arriba da táboa chegan nas próximas xornadas. Son os compromisos co Rápido de Neda, Amizade de Meirás e Cebarca. A partir de agora hai que subir os portos de alta montaña, primeira categoría ou especial. O adestrador Miguel Carballeira fai unha comparación co ciclismo. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aos adestradores: Miguel Carballeira do Barallobre, Gonzalo Beceiro do Perlío, Michel Rodriguez do Maniños B e Pablo Mesa do Cultural Maniños
http://173.255.131.18/audio/041122SANFIZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Segunda Galicia

O Perlío recibe ao Meirás, este domingo, as catro e cuarto da tarde no campo dos Pinares de Perlío. A un xogador o que máis lle motiva é xogar contra equipos que están arriba, segundo o adestrador Gonzalo Beceiro

O Vilarmaior visita Maniños e intentará levarse os tres puntos. Maniños B - Vilarmaior, Domingo ás catro e media da tarde no campo do Pote. O adestrador do Maniños B Michel Rodriguez quere trasladarlle ánimos aos xogadores: "O equipo vai mellorar".

Primeira Galicia
Valdoviño - Maniños. Domingo, ás 12 da mañá no campo municipal de Mourente en Valdoviño. Os dous equipos chegan ao partido do domingo tras disputar a Copa o pasado martes. Non se sabe como reaccionarán os dous conxuntos, precisa o adestrador Pablo Mesa. 
 

 

Na imaxe, Miguel Carballeira, adestrador da S.D.Barallobre

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora