Submarinismo Inclusivo

Submarinismo Inclusivo
13 de Maio, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

É de aceptación xeral que a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son de vital importancia para a saúde do planeta e as persoas que o habitan, ou cando menos iso interpretamos cando falamos de “non deixar a ninguén atrás”. 

ESCOITA O PODCAST:

E se isto é importante para a poboación en xeral, o é tanto máis para grupos en risco de exclusión e en circunstancias de vulnerabilidade, como é ou caso das persoas con discapacidade. 

Existen, afortunadamente, iniciativas en múltiples campos que poden favorecer a participación de persoas con discapacidades máis ou menos severas, pero, seguramente, aquelas que contribúen a facilitar a participación en actividades de lecer ou deportivas son a que en maior medida poden achegar máis beneficios tanto aos usuarios con discapacidades como a resto dá poboación que adquiren o habito de compartir espazos e actividades con persoas de capacidades diversas.

Imos coñecer, da man de David Deibe, unha iniciativa na que a adaptación dunha actividade xeralista conduce a poder conseguir que esta sexa un proxecto de inclusión que abra a o mergullo, o submarinismo, nunha experiencia aberta a todas as capacidades.

David Deibe é un monitor de mergullo experimentado e recoñecido a nivel internacional e preside o Club de Actividades Subacuáticas Nautilus, que planificou unha actividade inclusiva que permita achegar o submarinismo a todas as persoas que queiran gozar d contorna acuática.

Fotografía: Club Actividades Subacuáticas Nautilus

Sociedade

Publica o teu comentario agora