Subvención para Abanca

Subvención para Abanca
08 de Decembro, 2021 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Xunta de Galicia ven de conceder unha subvención de 1,2 millóns de euros a Abanca, para instalar, poñer a funcionar e manter caixeiros automáticos nun total de 38 concellos galegos adheridos ao convenio autonómico activado para manter servizos financeiros no rural. O importe da achega márcase nunha resolución da Consellaría de Facenda publicada no DOG o pasado 3 de decembro.

Protesta contra o peche da sucursal de Abanca en San Valentín. Fene

Para a instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos haberá unha asignación de 7.100 euros anuais. A cidadanía de Zas, A Baña, Vimianzo, Cerdido e Fene -entre outros Concellos- manifestouse a comezos do pasado mes de setembro en contra do peche de sucursais bancarias. Reclamaban o mantemento da atención personalizada e a continuidade das oficinas de Abanca nas súas localidades.  
 

Institucional

Publica o teu comentario agora