Sudor e maxia

Sudor e maxia
26 de Xaneiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fútbol na categoría Preferente. Maniños 2-1 Ribeira. Sudor,erros e un pouco de maxia nun campo do Pote que tremou, non polo gol nin polo frío, senón pola esperanza. O Ribeira claudicou cando máis necesitado estaba de aire o equipo local. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martinez Amador:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/260126MARTINEZ.mp3

 

Fotografía Xan Xe

“Chegamos ao descanso cun 2-0 e co partido controlado, pero ao comezar a segunda parte expulsaron a Javi Miragaya por un dobre cartón amarelo moi rigoroso, e tivemos que sufrir un acoso e derribo por parte do Ribeira, defendimos moi ben e tivemos un chisco de sorte”, recoñece o preparador do Maniños Adrian Martinez Amador. O final foi un latido constante. Pernas cansadas, pulmóns ardendo e corazón fóra do peito.

A próxima xornada o Maniños visita ao Sigüeiro.

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora