ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Unha enfermidade complexa, aínda hoxe bastante descoñecida”. A fibromialxia pode ser causa de dor incapacitante e ter afectacións de tipo psicolóxico. Falamos do tema co psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli.

“Moitas veces a sociedade é bastante inxusta coas persoas que a padecen”, indica Barcia Tuccelli. “Ao non ser unha enfermidade con rasgos visibles, en ocasións o entorno non comprende ben o que está pasando”. Por se fora pouco coa enfermidade, a fibromialxia pode xerar en quen a padece problemas de ansiedade, illamento, incerteza sobre como se van atopar ao día seguinte…”Moitas veces rexeitan facer plans ou autoaislanse, xera un sufrimento importante”.
Exercicio recomendable
“Moi recomendable, pero con matices” o exercicio físico para as persoas diagnosticadas de fibromialxia. Recomenda Barcia Tuccelli “actividades no medio acuático, taichi, pilates adaptado, técnicas de relaxación ou actividades como a danza”. Lembra tamén a importancia de ser constantes e “comezar con pouca cantidade e avanzar con cautela”.
Publica o teu comentario agora