Sufrir máis do previsto

Os dous goles do Perlío feminino non chegaron ata o final do encontro co Eume Deportivo
21 de Marzo, 2019 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

A Liga feminina de Futbol 8 está a piques de rematar. Quedan dúas xornadas e o 31 de marzo estará sentenciada. Ao Perlío quédalle salvar os encontros co Rosalía e co Cebarca nos Pinares.

ESCOITA O PODCAST:
Perlío na Liga feminina de fútbol oito

O Perlío feminino da liga Futbol 8 enfróntase ao Rosalía o próximo sabado 23 ás 17 horas. Un encontro que arbitrará unha muller, Xoana Crespo López. Un campo pequeño, de herba natural será un problema a solventar para as xogadoras que dirixe Juanjo Lorenzo.

Perlío 2- Eume Deportivo 0

O anterior choque custou máis do previsto segundo palabras do técnico, porque ata os últimos dez minutos as rapazas do Perlío non marcaron os goles da victoria. Soupo ben pero sofriron máis do previsto porque as rivais estaban moi ordenadas atrás. O Perlio fixo unha pobre primeira parte pero, tras o descanso, tivo a posesión do balón e gozou de varias ocasións. Dúas delas entraron.

Deportes

Publica o teu comentario agora