Sufrir no traballo

Sufrir no traballo
24 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tristura, ira e o estres son as emocións que se presentan con máis frecuencia asociadas ao traballo. En Galicia, unha de cada catro persoas senten tristeza en relación co seu traballo, segundo un informe que tratamos co psicólogo José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Dedicar demasiado tempo a algo que non nos gusta produce tristura, explicou o psicólogo. A ira débese á percepción de que os procesos no mundo laboral nos prexudican. E o estres vén polas urxencias, “estamos permanentemente correndo detrás dunha meta que se move”. A percepción que temos de perigos tamén contribúe a un sufrimento que se traslada fóra do traballo e que non resolven as pastillas, advertiu o psicólogo. “Focalizar a atención nas nosas decisións”, recomenda Barcia Tuccelli.

 

 

Imaxe: Obras en Navantia Fene

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora