Suits instrumentais

Suits instrumentais
20 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro 2 de xuño, Quico Comesaña inicia na Coruña a xira de presentación de 'Mãe'. Trátase do primeiro traballo en solitario do fundador de ‘Berrogüetto’ co que falamos no programa Sons de Nós. Aquí podes escoitar a entrevista completa.

ESCOITA O PODCAST:

'Mãe’ é unha obra singular composta por catro suits instrumentais, onde varias melodías actúan como nexo entre elas, debido a que van aparecendo cada certo tempo sobre diferentes harmonías, ambientes e texturas. Cada suit, cunha duración aproximada de dez minutos, ten unha temática que vira ao redor da defensa e o respecto pola natureza, na cal se expoñen diferentes lugares, vivencias, momentos... Lembranzas dun neno mesturadas entre a realidade e a fantasía que perduraron na memoria, transformándose co tempo, e onde a natureza e a ciencia son protagonistas. Un traballo impresionante que non deixa indiferente a ninguén e sobre o que falamos en Radifusión con Quico Comesaña.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora