Suma e segue

Suma e segue
18 de Outubro, 2022 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Tres partidos disputados, tres vitorias. Ese é o balance do Maniños feminino na súa estrea na Segunda División Galega. Venceu 0-3 ao Oleiros na súa visita ao D.Obreiro. A vindeira fin de semana visita O Pote un dos cinco equipos que gañaron os tres partidos disputados ata o momento na Liga.

ESCOITA O PODCAST:

Análise de Juanjo Iñíguez "Cebolo" adestrador do Maniños feminino

http://173.255.131.18/audio/181022CEBOLO.mp3

Fotografía Xan Xe

“As rapazas están facéndoo ben”, destaca o adestrador que valora moito manter a portería a 0. Das rivais explica que son un equipo moi novo, que sempre intenta xogar ao balón. “En tres errores delas estivemos atinadas e acadamos ese resultado”. Marcou Lorena Saavedra “unha moza que traballa moi ben, é das veteranas, sabe o que ten que facer”, explica o adestrador. Lembra que “o outro dia marcara Lucía” e destaca, sobre todo, “o bo traballo que está a facer o equipo”.
A portería permanece imbatida. “Iso quere dicir que o traballo defensivo se está facendo bastante ben”, pero Iñiguez advirte “de momento, xogamos con equipos que non expoñen moito en ataque, pero os goles en contra van chegar” .O adestrador Juanjo Iñíguez "Cebolo" destaca o apoio recibido desde a afección: "O máis importante son os puntos" conclue o técnico. 

Deportes

Publica o teu comentario agora