Sumando esforzos

Sumando esforzos
06 de Febreiro, 2025 - 09:31 h. | Publicada por Radio Fene

Alianza de Fene con Ares e Mugardos para obter fondos cos que mellorar a eficiencia do ciclo da auga. Os tres concellos colaboran para pedir unha subvención do Plan de Recuperación, que quedaron ás portas de conseguir na anterior edición. Falamos do tema co alcalde de Fene, Juventino Trigo.

ESCOITA O PODCAST:

O acordo entre os tres concellos para acudir á terceira de convocatoria de proxectos de mellora do ciclo urbano da auga. Aspiran a obter 3 millóns de euros de subvención do Plan de Recuperación financiado con fondos da Unión Europea, explicou Juventino Trigo. Mellorar a eficiencia do servizo, o que será positivo tanto para os concellos como para os usuarios, é o obxectivo deste plan. O alcalde de Fene explicou que o proxecto consiste en dixitalizar o ciclo da auga, incluíndo contadores e os puntos nos que hai bombeos ou entronques para ter unha representación máis exacta dos consumos e controlar se hai fugas ou algún problema.

Punto limpo

Fene tamén colabora con Cabanas e Ares na xestión do Punto Limpo que entrou en servizo recentemente. Todos os días achéganse alí cidadáns depositar refugallos,. “Todo tipo de enseres, baterías de automóbil, mobles, colchóns, pequenos electrodomésticos…” xa foron depositados nas instalacións de Vilar do Colo. “A xente está respondendo”, sinalou o alcalde que animou a toda a veciñanza a levar alí os obxectos aos que xa non dea uso.

Institucional

Publica o teu comentario agora