Supérase a si mesmo

Supérase a si mesmo
21 de Setembro, 2026 - 03:31 h. | Publicada por Radio Fene

Suma novos éxitos do corredor fenés do Club Deportivo 21 Leguas Miguel Portal Losada. Dous triunfos absolutos en probas de trail running e un novo récord no Trail Costa Ártabra, onde conseguiu mellorar a súa propia marca, que rebaixou en catro minutos. 

Miguel Portal está a protagonizar un mes de setembro excepcional. A primeira vitoria chegou no Trail Capela de San Vitorio, na Pobra do Brollón, na modalidade longa. Sobre un percorrido de 28 quilómetros e 1.130 metros de desnivel positivo, Portal Losada impúxose na clasificación absoluta cun tempo de 2 horas e 24 minutos, A seguinte cita levouno ao Trail Costa Ártabra, onde volveu subir ao máis alto do podio. Nesta ocasión, o percorrido longo contou con 27 quilómetros e 1.457 metros de desnivel positivo. Logrou completalo en 2 horas e 26 minutos.

. 

Deportes

Publica o teu comentario agora