A supersubida do IVE

A supersubida do IVE

13 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Moitos produtos pasarán o 1 de setembro de tributar co 8 ao 21%. Os dentistas, o cine, as bebidas alcohólicas e o tabaco pasarán do tipo reducido ao xeral. O Consello de Ministros deu esta mañá luz verde ao axuste máis duro da democracia. A pequena empresa e os economistas alertan dun empobrecemento masivo.

Só quedarán no tipo reducido o transporte, a hostalaría e a cesta da compra. Unicamente ese tres categorías tributarán ao 10%. Unha infinidade de produtos, entre os que están os sanitarios e ópticos (incluídas as lentes e as lentes de contacto), o dentista, os alugueres, as entradas de espectáculos (teatros e cinemas, por exemplo), as bebidas alcohólicas, o tabaco, as cadeas de barbaría e estética e os servizos funerarios e de limpeza, gravarán a partir do 1 de setembro ao 21%

Sociedade