ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“50 barcos españoles” é o título do libro do Capitán de Navío Marcelino González. Na obra relátanse as peripecias e singraduras de buques significativos na historia de España dende o século XV ate os nosos días. Nado en 1943 en Narón combinou a súa profesión de marino coa súa afición a escribir, viaxar e á investigación naval, a historia , o debuxo, a pintura e a filatelia. &Eac
Marcelino González conta en “50 barcos españoles” as vidas e actividades de medio cento destes navíos que percorren o período que vai dende finais do século XV , coas naves de colón ate o século XX, pola orde máis ou menos cronolóxica da súa aparición na historia, botadura ou entrada en servizo. Embarcacións seleccionadas ao azar ao longo dos dez últimos anos que participaron en exploracións e descubrimentos. Naves que loitaron en combates unhas veces contra os amigos do alleo, outras contras os enemigos de España e en fraticidas contendas civís. Foron escolas de navegantes, embaixadores de España en lonxanas terras ou converteron en realidade os desexos dalgúns soñadores. Moitos deles construíronse en Ferrol pero, por riba de todo, deixaron a súa impronta na nosa historia.
Así describe o autor a algúns destes barcos: A Nao Santa María, capitana do descubrimento, A Carabela Pinta, a descubridorra rebelde, A Carabela Niña, pequena descubridora, Galera Real, protagonista en Lepanto ou o Navío Rayo, un ancián combatente... Suxerentes definicións que atraen o interese da súa lectura.