Susana de Andrés: “Aspiramos a unha nova ética dos dereitos humanos e da natureza”

Susana de Andrés: “Aspiramos a unha nova ética dos dereitos humanos e da natureza”
04 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

A ética ha de acompañar a nosa actividade diaria, e en especial a da comunicación,e compaxinala coa nosa liberdade no local. “Ética significa tobo, o lugar que habitamos, onde estamos e aí xurde a ética e a cultura”. Dicía Fernando Savater que a ética nace cando Robinson Crusoe descubre unha pegada na area, cando constata que non está só, e nace a comunicación. A ética non existe nos soños, si na realidade, como dicía Platón. Pero no século XXI, xa non son as éticas morais,relixiosas ou utilitaristas. Aspiramos a unha ética dos dereitos humanos e da natureza. Coidarnos a nós mesmos e aos demais . “Ética tamén significa carácter e a  radio axúdanos a facer hábito” afirma a profesora da Universidade de Valladolid Susana de Andrés.  

ESCOITA O PODCAST:
Susana de Andrés

A periodista debe ter a convicción de estar comprometida cada vez máis cun mundo mellor. De abaixo a arriba, constrúese a revolución ética que está por vir, que nos alonxe da cultura da guerra entre os seres humanos e coa natureza. “Se acabaramos con iso e iniciaramos unha ética do coidado, unha ética feminista, protagonizaríamos un cambio social de profundidade” manifesta a profesora. De Andrés tamén opina da guerra:
“A violencia como constante histórica xerouse nunha tripla dirección: contra as mulleres, contra e entre os pobos e contra a natureza. Unha comunicación radical implica plantar unha nova mirada que permita desactivar os imaxinarios bélicos” indica no libro “Comunicación radical” escrito con Manuel Chaparro. (GEDISA,2022)

Cultura

Publica o teu comentario agora