Susana Sánchez Aríns, a homenaxe á parte menos visible da casa

Susana Sánchez Aríns, a homenaxe á parte menos visible da casa

10 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Susana Sánchez Aríns presentou en Fene o libro (De)construçom, galardonado co XXI Premio Nacional de Poesia Pérez Parallé e publicado por Edicións Espiral Maior. "Co libro quixen facer unha homenaxe a esa parte menos visible da casa, porque sempre se fala do fogar como algo abstracto, pero nos seus cuartos, nas súas paredes, nas súas portas hai grandes historias" afirmou a poeta, profesora na actualidade no Instituto da Illa de Arous

Susana Sánchez afirmou sentirse especialmente gratificada polo premio Pérez Parallé, "por levar o nome dunha persoa cercana á xente con máis mérito que moitos outros que teñen máis recoñecemento, por estar organizado por unha entidade cidadán e por non ter dotación económica". Ademais a escritora veciña de Cuntis en Pontevedra, salientou tamén o feito de só poderse presentar persoas sen obra publicada, o que sen dúbida contribue a que nova xente poida entrar no sistema literario".

 

A escritora traballa na actualidade noutro libro de poesía, nunha especie de historia das mulleres, "pero ao mellor non sae ata dentro de 1 ou 2 anos" afirmou. 

Cultura