Suspendida a folga de Tranvías de Ferrol

Suspendida a folga de Tranvías de Ferrol

25 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A asamblea de traballadores de Tranvías Ferrol acordou desconvocar a folga prevista para mañán venres 26 de novembro. O concello de Ferrol atendeu a maioría das reivindicacións trasladadas polo comité de empresa e os sindicatos.

Diante da nova situación o colectivo decidiu dar un voto de confianza ao concello e suspender a convocatoria de paro. Aínda así, o comité afirma que quedan puntos por resolver e que agardan superalos nos proximos dias.
Por outro lado, os traballadores do transporte urbano de Ferrol solicitaron a todolos grupos politicos con representación municipal que apoien a necesidade de desenvolver unha regulación específica do tráfico para as zonas da cidade que están en obras. Para evitar os problemas do servicio e as situacións de risco que padecen tanto eles como os usuarios-as do transporte urbano.  

Sociedade