Suspensión tras diversas agresións

Suspensión tras diversas agresións
21 de Febreiro, 2022 - 10:26 h. | Publicada por Radio Fene

O árbitro decidiu suspender o partido de fútbol da Segunda Galicia que se disputaba en Maniños na mañá de onte domingo entre o Maniños B e o Amistade de Meirás. Era o minuto 87 e o marcador indicaba un 3-1 a favor do equipo local. Segundo a acta arbitral a decisión adoptouse “tras diversas agresións tanto físicas como verbais cara a miña persoa. Xa no vestiario xogadores do equipo visitante golpearon a porta. Co ambiente máis calmado, chegou a Policía local ao campo”. 

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/210222FREIRE.mp3 Fotografía: Xan Xe Corral

 

Fotografía Xan Xe

Nun anexo ao acta, o árbitro explica que os altercados comezaron tras a expulsión dun xogador do equipo visitante debido a unha agresión cara un rival co balón en xogo”. Nese momento o colexiado "recibiu outro empuxón de outro xogador do Amistade de Meirás e golpes de persoas non identificadas", segundo salienta. "Un xogador visitante tivo unha reacción mala que non se pode permitir. Pegoulle unha puñada a un rapaz do Maniños B" segundo o adestrador do equipo do Pote Manuel Freire. Maniños B 3 Amistade de Meirás 1. Ese é o resultado do partido no momento no que se suspendeu o encontro. O comité de competición adoptará agora unha decisión en canto a este partido. 

Deportes

Publica o teu comentario agora