ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Brais e Noa Pazo volven correr o domingo 16 deste mes de maio no circuíto de Outeiro de Rei en Lugo. Os dous motociclistas abriron tempada o pasado 11 de abril en Forcarei en Pontevedra. Brais Pazo logrou a primeira posición na súa categoría. Na carreira o deportista tivo que pelexar contra fortes rachas de vento e cunha pista mollada.

Brais Pazo corre esta tempada cunha moto Minigp 190. Pero en Outeiro de Rei correrá tamén en minimotard 65 cm3 polo que puntuará para o campionato galego. Prepárase para a proba do Campionato de España que se correrá en Forcarei este verán. Corre con ilusión traballando na adaptación á Yamaha R3 de 300 centímetros cúbicos. O ano que ven competirá na categoría de adultos con 13 anos cumpridos. Noa Pazo en Forcarei logrou unha sexta posición en minimotos tras repoñerse de varias caídas nos adestramentos da mañá.
Fotografía: Xan Xe Corral
Publica o teu comentario agora