Técnicas para descansar e durmir de noite

Técnicas para descansar e durmir de noite
02 de Xuño, 2021 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

Para funcionar durante o dia hai que durmir e descansar de noite, asegurou esta mañá en Radio Fene o psicólogo e monitor deportivo José Barcia, na Fenestra de Radio Fene. Para mellorar o descanso hai toda unha serie de recomendacións. Nos últimos tempos os problemas para conciliar o sono afectan tamén á rapazada. 

ESCOITA O PODCAST:
A directiva de Por máis vida descansou antes de iniciar o camiño de Santiago de Compostela

Barcia lembra a necesidade de apartar a nenos e nenas de historias de medo sobre todo antes de ir para a cama. Iso a pesar da evidencia de que as películas de terror funcionan mellor pola noite. A moita xente lle gustan as películas de terror. Evitar discusións nos momentos anteriores ao descanso. Unha hora antes de irse para a cama é necesario desengancharse das pantallas, abandonar móbiles, tablets e portátiles. A comodidade das almofadas dos colchóns, a ausencia de ruído no cuarto onde se dorme. Revisar sobre todo, que é o que facemos antes de irnos á cama. Para mellorar o descanso, é imprescindible apartarse dos teléfonos móbiles. Deixar de mirar as pantallas unha hora antes de ir para a cama e deixar o celular lonxe do  dormitorio. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora