Tamén teñen estres

Tamén teñen estres
24 de Abril, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Un can pouco paciente ou hiperactivo pode estar afectado por estres. Un problema que tamén incide no comportamento dos animais. De como se manifesta e que facer para evitalo deunos pautas en Radio Fene, o experto en comportamento dos cans, Diego Ponce, educador canino no centro Candamín, de Cambre, que participou en Radio Animal

ESCOITA O PODCAST:

“O estres pode facer que sexa máis impulsivo, que tire máis da correa, que ladre máis, que se relacione peor con outros cans ou que salte máis sobre as persoas”. “Un can con estres xeralmente é un can pouco paciente, hiperactivo, ás veces realizan de xeito compulsivo comportamentos como esnaquizar cousas mesmo perseguirse o rabo, o ladrido en exceso… son síntomas de estres”. Para calmar ao animal estresado recomenda  “unha rutina diaria de horarios”, “que teña un paseo acorde ás súas necesidades, con momentos de olfacteo e de relación con outros cans”. A causa principal que xera estres no animal “é non entender ben ao noso can como individuo”. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora