Tan bo é Xan como Pedro

Tan bo é Xan como Pedro
27 de Febreiro, 2023 - 10:41 h. | Publicada por Radio Fene

Tan bo é Xan como Pedro para o Maniños. Xan (Juanito -Juan L. Amigo Ferreiro) logrou marcar o gol decisivo no partido entre o Maniños e o Vizoño, xogado na tarde de onte domingo no campo de fútbol do Pote. Pedro (Pedro España Paz) entrou a xogar no minuto setenta e sete. Debutou despois dunha lesión de ligamento cruzado de larga duración. "Os outros xogadores, o adestrador e o clube está moi contento da súa recuperación e esperamos que sexa o primeiro de moitos encontros" precisou o técnico Pablo Mesa. 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía Xan Xe
Escoita ao adestrador do Maniños Pablo Mesa:
http://173.255.131.18/audio/270223MESA.mp3

Fotografía Xan Xe

Maniños 2 -1 Vizoño. O encontro ía empatado e Juanito logrou o gol da vitoria no minuto 86. O Maniños é sétimo na Primeira Galicia de fútbol con corenta e un puntos. Quedan once xornadas para o remate da Liga. A puntuación representa practicamente o mantemento da categoría, pero aínda pode soñar: só está a catro puntos dos postos que dan dereito a xogar a promoción de ascenso. 

Deportes

Publica o teu comentario agora