A tapa máis popular

A tapa máis popular

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

6000 persoas degustaron os petiscos do concurso de tapas organizado no concello de Fene. 6000 persoas que depositaron as suas papeletas nas urnas dos establecementos, segundo declarou o edil de promocion económica de Fene, Manuel Polo no acto de entrega dos premios esta mañán.

Os premios do Concurso de Tapas entregáronse esta mañá nun acto celebrado no Circulo de Perlío. No acto sortearonse os vales de compra e os fins de semana en casas de turismo rural aos que optaron os participantes no certame. Un total de 155 persoas cubriron a Fenerruta, é dicir, que visitaron os 13 establecementos participantes no certame. O alcalde de Fene Iván Puentes destacou no acto a posta en valor da nosa hostelería conseguida con esta iniciativa. Fene convertiuse nun elemento de atracción turística, e persoas doutros municipios visitaron o Concello e degustaron as tapas ofrecidas polos bares e cafeterías. O gañador do certame na categoria de votación popular foi Leonardo Bertolini da cafetería do Circulo de Fene. Esta mañá amosaba a súa satisfacción e sorpresa. Non pensaba que fora gustar tanto un plato tan italiano como a parmesana con berenxena. 

O Malpica de Maniños alzarase co premio á mellor tapa tradicional pola sua língua estofada; o Son de cociña de Perlio acadou o premio da tapa máis creativa pola sua tortilla.

Sociedade