ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Arrecendo, Amarizaflor e a Cantina da Asociación Veciñal de Limodre foron os grandes triunfadores do Concurso de Tapas de Fene, que tivo moito éxito de público. Os premios entregáronse onte á tarde, nun acto celebrado na Casa do Concello. Presidiuno a alcaldesa, Sandra Permui, que felicitou aos gañadores e tamén ao resto de hostaleiros participantes nesta edición do Concurso de Tapas de Fene.

A Explosión de Carrillada de Arrecendo foi a mellor tapa para o xurado profesional e ademais gañou o segundo premio concedido pola clientela. Vanesa Teijeiro estaba moi contenta e non é para menos.
O premio á mellor tapa na votación popular foi para o Taco do Mar servido na Cantina da Asociación Veciñal de Limodre. Foi idea de Natividad Brage.
O xurado profesional concedeulle o segundo premio á tapa do Amarizaflor, bautizada co nome do local. Nélida Intriago foi quen a creou.
A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, destacou a boa acollida que tivo esta decimo sexta edición do certame entre o público. Dan fe do éxito do certame as 2.508 tarxetas de clientes que consumiron tapas e as 225 Fenerrutas recollidas
Ademais da entrega de premios aos gañadores e de diplomas a todos os hostaleiros participantes, no acto sorteáronse numerosos agasallos para a clientela cedidos polas firmas que colaboraron co Concello na organización do certame.
Publica o teu comentario agora