Tapas con premio

Tapas con premio
05 de Xullo, 2023 - 03:15 h. | Publicada por Radio Fene

Entrega de premios aos clientes afortunados que participaron no 13º Concurso de Tapas de Fene, consumindo tapas e votando polas súas favoritas. 

ESCOITA O PODCAST:

“Un exitazo”, así definiu esta edición do Concurso de Tapas a concelleira de Promoción Económica, Angeles Coira, que presidiu a entrega dos numerosos premios sorteados entre os clientes do Concurso de Tapas. Dezanove persoas, quince delas veciñas de Fene e catro da comarca, resultaron galardoadas e recibiron os distintos agasallos nun acto celebrado esta mañá no salón de plenos da Casa do Concello. Desde unha viaxe ata libros de cociña ou vales para consumir en establecementos de hostalaría e moitos máis premios, doados por entidades que colaboraron co Concello na organización do Concurso de Tapas de Fene. Nesta edición participaron doce establecementos de hostalaría e duplicouse o número de tarxetas e fenerrutas depositadas nas urnas, con respecto á última edición. Foron 4.725 as tarxetas recollidas e 193 as fenerrutas que acreditan ter degustado todas as tapas presentadas ao concurso.

Institucional

Publica o teu comentario agora