ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xa está en marcha a decimo quinta edición do Concurso de Tapas de Fene. Desde este mediodía. Oito delicias poderemos saborear esta fin de semana e a próxima.
A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, anima a gozar do bo facer da hostalería e agradece a colaboración do tecido comercial de Fene na organización do certame gastronómico. O Certame de Tapas de Fene desenvólvese esta e a vindeira fin de semana. Arrecendo, a cantina do Pote, o CMI Unidade de Fene, a cafetería Bombay, Lembranza, o Torreón, o Son de Cociña e Pachamamá compiten na elaboración das mellores tapas de Fene. A clientela poderá saborear os petiscos que presentan no seguinte horario: venres de 20 a 22 horas, sábados de 13 a 15 horas e de 20 a 22 horas, domingo de 13 a 15 horas. O prezo para degustar estas boas tapas é de 2,5 euros. Haberá premios variados tanto para as mellores tapas como para os clientes que as caten.
Publica o teu comentario agora