Tapas e palillos

Tapas e palillos
21 de Abril, 2026 - 02:26 h. | Publicada por Radio Fene

Satisfacción no Concello de Fene co resultado do decimo sexto Concurso de Tapas de Fene. Tivo gran acollida de público, segundo explicou a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira. Agora a Concellería ultima detalles da xuntanza de Palilleiras. 

ESCOITA O PODCAST:

“Resultado positivo, participou moita xente, temos 2.508 tarxetas e 221 Fenerrutas, máis que o ano pasado”, informou Ángeles Coira. O xurado reunirase o xoves e a entrega de premios será o luns, día 27, ás catro da tarde, anunciou a concelleira. O concurso de Tapas de Fene volveu contar nesta edición co apoio da Deputación da Coruña.

En paralelo coas deliberacións do certame de tapas, na Concellería de Promoción Económica andan xa ocupados noutra iniciativa porque esta fin de semana terá lugar a Xuntanza de Palilleiras de Fene. “Temos anotadas 320 palilleiras de 42 escolas e repetimos os 25 postos de venda e contaremos con animación do grupo de música da Liga de Amigos de Barallobre. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora