A tarxeta para controlar o índice de alcohol

A tarxeta para controlar o índice de alcohol

25 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Mancomunidade de Veciños da que forma parte o Concello de Ordes pon en marcha unha campaña preventiva do consumo do alcol. Na mesma inclúese unha táboa de baremación para calcular a taxa de alcohol en sangue a modo de tarxeta que se pode levar no peto. Nos centros de ensino farase fincapé en certas mensaxes como non conducir bébedo e o uso do transporte público nas saídas nocturnas. Ademais lanzaranse outras mensaxes ás terceiras persoa

Para conciliar a vida laboral e familiar nestas datas de vacacións da Semana Santa, o Concello de Ordes deseñou o programa “Conciliar será fácil e divertido”. Os pais interesados teñen ata o 28 de marzo para inscribir aos seus pequenos. Levarase a cabo o 29, 30 e 31 de marzo no local da rúa Reconciliación con obradoiros e talleres. Ponse a disposición dos nenos asistentes buses gratuítos. O programa ten prazas limitadas, custa 4 euros e contarán cunha bonificación as familias numerosas. Para obter  máis información poden chamar aos teléfonos 981 680 002 e ao 981 680 157.

Desde o 6 ao 17 de abril a Biblioteca municipal tamén acolle unha sesión de contacontos para nenos de 3 a 8 anos. O mesmo escenario acolle nestas datas a exposición denominada “La evolución humana”, para ensinar de xeito ameno e visual os cambios sufridos na especie humana.

A Unidade de Transfusión de Sangue de Galicia tamén visitará Ordes nestas datas. Acudirá o luns e o martes da vindeira semana para recoller as doazóns dos vecinos e veciñas ordenses. Ubicarase detrás da casa do concello entre os parques municipais. Os doantes poderán axudar de 10 da mañá a dúas do mediodía e pola tarde de 4 á  nove da noite.

Sociedade