As taxas de Fene van a pleno o xoves.

As taxas de Fene van a pleno o xoves.

09 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A proposta das taxas municipais de Fene para o 2011 xa está zanxada. O grupo de goberno levaas ao pleno extraordinario convocado para o próximo xoves. Esta mañán reuniuse a comisión de Facenda e agás a oposición manifesta do grupo popular, tanto o BNG como EU resérvanse a sua postura definitiva para o pleno.

O concelleiro responsable de Facenda, Manuel Anxo Rodriguez Carballeira, declarou a Radio Fene que a postura final do goberno local pasa por subir o IPC - o que supón o 2,1%- en todas elas, mesmo ás deficitarias como o lixo ou a prestación de actividades culturais e deportivas. A excepción sería o imposto da auga e alcantarillado que quedaría como está porque non se recibiu da empresa concesionaria o informe pertinente. E tamén queda conxelado a axuda no fogar.

O edil de Facenda insiste en que o BNG xa lle tiña dado o apoio do que logo, inexplicablemente, dixo se volveu atrás. O voceiro do Bloque, pola contra, sigue poñendo pegas ao texto da taxas porque non se fixo un estudo comparativo e porque se utiliza un criterio xeneralista en vez de estudar unha a unha. Manuel Polo explicabao asó ao remate da comisión esta mañán.

Sociedade