As taxas en Fene subirán o 2,1% no 2011

As taxas en Fene subirán o 2,1% no 2011

11 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene aprobou esta mañá a modificación das ordenanzas fiscais para o exercicio do 2011. A maioria das taxas subirán o 2,1 %, o equivalente ao incremento do Indice de Prezos ao Consumo. Incluese nese apartado o imposto do lixo e o de circulación de vehículos. O imposto de auga e alcantarillado permanece conxelado, segundo aprobou o Pleno da Corporación esta mañá. Votaron a favor os concelleiros do PSOE, en contra o Partido Popular, c

O edil de Facenda, Rodriguez Carballeira, defendeu a modificación de 17 ordenanzas fiscais de cara ao ano que ven, aplicándolles a suba do IPC, o 2,1%. A idea central é ir reducindo o déficit de determinados servizos paulatinamente, pero tendo en conta a situación de crise actual, segundo afirmou. Baixo ese mesmo criterio conxélanse o imposto da auga e saneamento (ata que non se aclare coa empresa concesionaria a situación real)  e o da axuda no fogar. O PSOE defendeu asimesmo non subir máis aqueles servizos que, a pesar de ser deficitarios, son fundamentais para a calidade de vida da veciñanza, en clara alusión ás actividades culturais e deportivas.

O BNG abstívose na votación, despois de criticar o retraso co que se presentaron ao pleno e a falta dun estudo riguroso de cada unha das taxas e impostos e dos servizos prestados, antes de formular a proposta de modificación. O Bloque reclamaba unha analise en profundidade de cada unha das taxas para tender a equilibrar os ingresos e os gastos e tamén para eliminar anacronismos. Puxo de exemplo que hoxe en día un veciño que teña un coche xa non pode acceder, a pesar de estar desempregado, á exención das taxas. Criticou o Bloque que tampouco se estudou a posibilidade do fraccionamento dos pagos. Que o imposto da auga quede conxelado, significa para o BNG que no futuro vai haber que subila moito. O equilibrio fiscal é fundamental, segundo o voceiro nacionalista, Manuel Polo.

O PP votou en contra. Os populares defendían este ano a conxelación das taxas en vista da situación de crise. Gumersindo Galego criticou a situación do servicio da auga que continúa sen resolverse. E adentrouse no déficit do servicio de actividades culturais e deportivas afirmando que as escolas custan ao concello de Fene 819.000 € mentras que recada só 235.000 . Unha situación altamente deficitaria que Galego dí que urxe correxir porque se perden 100 millóns das antigas pesetas.

Esquerda Unida optou tamén pola abstención ao non concordar totalmente coas solucións técnicas que se dan neste tema. EU proponía buscar novos modelos como por exemplo compartir con outros municipios algúns servizos para abaratar costes. Tamén aposta por revisar as exencións e actualizalas sobre todo en tempo de crise.  Advertíu Manuel Sánchez que ás veces non se suben os impostos pero se rebaixa a calidade e cantidade dos servicios públicos.

Institucional