Teñen que chegar

Teñen que chegar
08 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“O que nos falta é axustar con goles, teñen que chegar”, apunta o adestrador do Maniños feminino Juanjo Iñiguez, Cebolo. Carral 3-1 Maniños, marcador do partido disputado o domingo correspondente á segunda División Galega. Comentamos o partido co míster e coa delegada do equipo, Angela Seoane

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un toma e daca, o Maniños está xogando ben pero non sacamos resultados”, apunta Iñiguez. “Gañaron elas, toca felicitalas e nós a seguir traballando”. “Como no dito xogamos como nunca e perdemos como sempre”, ironiza. 

“Se perdoas moitas cousas ao final perdes”, engade Angela Seoane. “O resultado moitas veces é inxusto, o bo que teñen as xogadoras é que enseguida recuperan. É moi equipo, unhas apoian moito ás outras”

Deportes

Publica o teu comentario agora