Teatro de obxectos e moito máis en Caamouco

Teatro de obxectos e moito máis en Caamouco
30 de Setembro, 2022 - 02:42 h. | Publicada por Radio Fene

A Agrupación Instrutiva de Caamouco bota o resto no novo curso. En outubro comeza unha ampla programación de obradoiros, participará na limpeza de praias que convoca Adega e para acabar o mes acollerá un espectáculo de primeiro nivel. Pasamos revista á actividade da asociación co seu presidente, Daniel Garcia, e a vicepresidenta, María Cordal. Estiveron no programa A Fenestra de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

M.A.R - Teatro de obxectos vaise representar en Caamouco o sábado 29 de outubro, un día despois da función programada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Teatro de primeiro nivel producido por Andrea Díaz Reboredo, directora escénica e artista plástica que desenvolve a súa carreira en Madrid, aínda que mantén vínculos familiares con Caamouco. Trátase dunha actividade recomendada para maiores de 10 anos na que haberá prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse con antelación chamando ao teléfono móbil 689 11 49 48. Ás poucas horas de anunciar o espectáculo xa había prazas reservadas. A entrada custa 5 euros. A función conta coa colaboración do Concello de Ares. 

A agrupación A Tenencia de Caamouco é unha das entidades máis activas da comarca. Da súa vitalidade dan idea os 16 obradoiros que imparten durante oito meses. Desde o mes de outubro ata o de maio. En total 44 horas de programación cada semana. Nas que ofrecen variedade de actividades, desde cestería a teatro, filosofía, pilates…A demanda é tal que nalgunha das actividades tiveron que organizar distintos grupos e mesmo teñen lista de agarda para algúns dos obradoiros. Outra iniciativa que andan a preparar é unha limpeza de praias que levarán a cabo o día 15 de outubro, sumándose á convocatoria feita pola asociación ecoloxista Adega. 

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora