Teatro do Atlántico presenta O xogo de Yalta en Narón

Teatro do Atlántico presenta O xogo de Yalta en Narón

07 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Teatro do Atlántico escolle Narón para estrear o seu último traballo artístico, O xogo de Yalta. Afterplay, que se porá en escena durante dous días seguidos, este venres e o sábado. Dirixidos por Xulio Lago e acompañados ao piano por Xavier Constenla, dan vida ás persoaxes Vitoria Pérez, Damián Contreras, María Barcala, Gonzalo M. Uriarte.

O xogo de Yalta. Partindo de "A dama do canciño", un dos máis populares contos de Chéjov, o irlandés Brian Friel constrúe esta sorprendente peza que comeza nunha viaxe de pracer e prosegue nunha baixada ao abismo do complexo mundo amoroso que envolven e convulsionan a unha parella, situándoos nunha difícil encrucillada.

Afterplay.
A necesidade de converter en plantación de eucaliptos o que fora unha plantación de cereais e a procura de créditos para subsistir levan a Sónia Serebriakowa a Moscova. Nun humilde café coincide con Andrei Prozorov, violinista de dura biografía, producíndose unha corrente de cómicas e dramáticas confesións das que inevitablemente os espectadores somos partícipes.

Dúas xoias do teatro contemporáneo.

Sociedade