ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A compañía galega Teatro do Noroeste está a piques de estrear un dos seus proxectos máis ambiciosos, Glass City (Cidade de Cristal). Con este nome, o escenario elixido non podía ser outro que A Coruña, entre finais de agosto e comezos de setembro do ano 1958, a época de veraneo de Francisco Franco, que convertía o Pazo de Meirás e a cidade hercu
Glass City non é unha obra histórica, pero os acontecementos ocorridos no pasado inciden nela con especial consideración. Deste xeito, Eduardo Alonso volve amosar o seu gusto pola historia, como xa fixera en Imperial: Café cantante. Vigo 1936.
A música unha vez máis corre a cargo de Bernardo Martínez. En canto ao elenco de Glass City, atopamos nomes coñecidos do panorama artístico galego como Luma Gómez no papel de Carme Polo, viúva de Franco; Xavier Estévez, na pel do comandante Emilio Camardiel; Monti Castiñeiras como o tenente coronel Rafael Rioboo; Carlos Mosquera "Mos" que interpreta o comandante Carlos Estrada ou Maxo Barjas como Beatriz Rivero de Castro.
“Un espectáculo divertido, que non deixara indiferente a ninguén”, segundo afirmou o propio Alonso. A estrea terá lugar mañá xoves ás oito e media da tarde no Teatro Jofre de Ferrol, onde repetirán o venres e o sábado.
De feito, ata finais de ano teñen pechado un calendario de actuacións que a levarán por vilas de todo o país como Monforte de Lemos, Compostela, Burela, A Coruña, Carballo, Oleiros, Ourense, Ribadeo, Tui, Cangas, Vilagarcía de Arousa, Narón, Pontevedra, Vigo, Valdeorras e Ames. Ademais, Teatro do Noroeste ten previsto preparar a versión en castelán para o resto da península se teñen suficientes ofrecementos de teatros de fóra.