ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Achegar a música tradicional galega ao público infantil dun xeito orixinal. Este é un dos principais obxectivos da Música das Buguinas, o proxecto do dúo fenés Bellón e Maceiras sobre o que falamos no programa Sons de Nós.
"Levamos colaborando con Mamá Cabra xa en varias etapas. Tiñamos un concerto didáctico que era un pouquiño máis serio e queríamos facer algo máis ameno, é dicir, contar algo parecido pero que entrara mellor aos nenos máis pequenos. Pensamos na idea e como tamén coñecíamos a Pepaplo Patinho, que sempre ten boas ideas, se lle ocorreu engadirlle un conto. Así, por onde ía rodando o conto, nós pensabamos un tema e viceversa. El tamén ía adaptando a historia contando todo o bonita que é a música tradicional. Quedou un conto precioso ilustrado por Leandro Lamas. Nós tocamos a música, Gloria narra e canta”, explica Diego Maceiras en Radiofusión. Tanto el como Daniel Bellón están encantados coa acollida do público nos directos. O vindeiro domingo 30 abril actúan en Melide ás cinco da tarde. “É un proxecto no que estamos moi contentos. Partiu sendo unha música teatralizada e hoxe en día tamén se pode ver como un teatro musicado”
Na imaxe, Diego Maceiras nos estudos de Radio Fene.
Publica o teu comentario agora