A tecnoloxía entra no Camiño de Santiago

A tecnoloxía entra no Camiño de Santiago

23 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O camiño dos satélites. Esa é a denominación dun novidoso proxecto que o vindeiro ano se porá en marcha co obxectivo de facer accesible o camiño de Santiago ás persoas con discapacidades mediante apoio tecnolóxico é social. O proxecto parte dunha iniciativa da Asociación Galega de empresas TIC e conta co apoio do Xacobeo 2010 da Xunta de Galicia e diferentes entidades e institucións dos concellos polos que pasa a ruta xacobea.

Segundo relatou relatou esta mañá aos micrófonos de Radiofusión Enrique Varela, presidente da Fundación Tecnoloxía Social e un dos membros que formará parte da expedición, o proxecto naceu da  idea de pór a filosofía da fundación –achegar a tecnoloxía a todo tipo de colectivos-, nun esceario diferente como é o camiño e de conxuntar a espiritualidade deste coa tecnoloxía. Afirmou Enrique Varela que mesmo a ruta xacobea utilizou de sempre elementos tecnolóxicos do seu tempo  pondo como exemplo a propia calabaza ou a cuncha de beber auga dos peregrinos. “Hoxe utilizamos GPS e zapatos deportivos  tecnolóxicos pero no  por eso se perde o contacto do home coa natureza e o sentido espiritual do camiño”, dixo.

Os artífices desta idea teñen previsto comenzar o proxecto a comenzos do vindeiro ano elaborando un estudo de achegamento ó medio físico do camiño para coñecer cal é a situación do camiño en temas de accesibilidade tanto viaria como de albergues. A tal fin serviránse das redes sociais como Facebook ou Twenty que, conectadas co portal da fundación, ofrecerán á organización o mapa actual da ruta. Unha vez feita esta análise, a partires do mes de xaneiro faráse un casting para seleccionar os peregrinos desta peculiar expedición. Neste senso, Varela manifestou que a participación está aberta a todas aquelas persoas teñan afición pola tecnoloxía, teñan ou non discapacidades, xente maior e todos aqueles que sintan curiosidade por ver o que as novas tecnoloxías poden aportar nun eido tan diferente como é o camiño de Santiago.
O sistema de selección pasará por unhas primeiras votacións que farán os propios internáutas e logo haberá un xurado que será quen escolla aos 20 finalistas. A fase final celebrarase probablemente en Santiago de Compostela no mes de agosto e a peregrinación terá lugar do 2 de outobro ao 3 de novembro de 2010. Contará cun invitado de excepción, o músico e deportista invidente Serafín Zubiri, quen mesmo compuxo unha canción que servirá de himno á peregrinaxe.

O punto de partida da ruta será a primeira etapa do camiño francés que vai dende Roncesvalles a Zubiri. A expedición partirá desta vila francesa coincidindo cunha maratón que tódolos anos organiza a empresa madrileña Caracol e Ventos e que forma parte tamén do núcleo de organización do Camiño das Estrelas. A ruta continuará logo o camiño facendo paradas en diferentes lugares onde se instalarán diferentes exposicións sobre tecnoloxía para tratar de achegar este mundo ó maior número de xente posible.

Entre as ferramentas tecnolóxicas que esta expedición vai utilizar no seu percorrido atópase un GPS aportado por unha empresas francesa e que carece de pantalla, non porque estea feito para persoas cegas senón, porque funciona a través da voz, para non ter que estar pendente da lectura de carteis. Outra das novidosas experiencias consiste na instalación dos denominados cibermilladoiros, que mediante envío de sinais ao teléfono móvil daránlles aos peregrinos información sobre as etapas do camiño. O popular iPhone estará tamén presente na ruta para facer un seguimento a través da web que permitirá  saber onde se atopa cada peregrino en todo momento.
 

Cultura