ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Usos da tecnoloxía para protexer á cidadanía. A Axencia de Emerxencias de Galicia probou os sistema ES-Alert na Coruña e en Arteixo, nun simulacro para advertir dun suposto incidente na Refinería, como nos contou en Cultura Tecno Iago Varela.
A inmediatez nos avisos masivos á poboación é unha das vantaxes do ES-Alert, un sistema de alertas de emerxencia, deseñado para enviar mensaxes de advertencia en situacións de crise como desastres naturais ou incendios forestais, segundo comentou Iago Varela. Funciona a través da rede de telefonía móbil. Todos os móbiles aos que dan cobertura as antenas dunha área determinada reciben as mensaxes en tempo real. A tecnoloxía ten moitas aplicacións en emerxencias. Tamén o 112 se vale dela.
Publica o teu comentario agora