TEIMA inaugura o novo local de Ferrol no mes de Xuño

TEIMA inaugura o novo local de Ferrol no mes de Xuño

12 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e o deputado responsable da área de Benestar Social, visitaron este mediodía ás instalacións da Asociación síndrome de Down “Teima” de Ferrol co obxecto de coñecer a actividade e as necesidades desta entidade. A nova sede inauguraráse no mes de xuño, unha vez concluídos os traballos.

Nesta visita desprazaronse ata as novas instalacións da entidade, na rúa Alvaro Cunqueiro nº 1, acompañados pola presidenta da entidade, Patricia Serantes Castro, a coordenadora, Mercedes Alonso López e a responsable  de xestión, Isabel Fernández Blanco.

No 2009 a Deputación da Coruña financiou, a través dun convenio, as obras e odo local social da entidade cun importe de 240.000 euros sobre un orzamento de 319.371euros.  Algo máis de 50.000 euros aportounos a Xunta de Galicia. Tamén este mesmo ano financiouse con 11.000 euros o programa “Transición á vida adulta”, a través de subvencións dos servicios sociais especializados”.

Unha vez rematados os últimos detalles e entregada a obra, aló polo mes de xuño, inaugurarase o novo local nun acto no que se agarda a presencia do Presidente da Xunta, Núñez Feijoo.

Sociedade