ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A voz de Helena de Alfonso e a guitarra de José Lara enguedellaron ao público asistente ao concerto ofrecido o pasado sábado no laboratorio de Laudas Calamity en Fene. Saíron plenamente satisfeitos da presentación do libro-disco Fremosas, arredor das cantigas medievais galego portuguesas. Na sesión vermú, Laura Bouza explicou a relación da vangarda artística galega do século XX coa arte románica. Realizou un cadro inspirado no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela que se sorteou ao remate.
Laboratorio de Formas de Galicia
O Laboratorio pretendía estimular a artesanía galega, “unha empresa similar, nalgún dos seus propósitos, naturalmente máis modesta en medios, á Bauhaus alemá dos anos 20 e á Escola de Deseño de Ulm” indicaba en 1967 Luis Seoane. “Produto da iniciativa da entidade, son seis xogos de porcelana da fábrica do Castro, dos cuais, catro, recollen temas do románico e do barroco galegos, chamados a incorporar un acento novo e absolutamente orixinal na porcelana europea”. Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo crearon o LFG coa finalidade principal de rescatar do esquecemento "aquelas formas orixinais que desde a prehistoria e a través de diversos estilos, caracterizaron o pasado galego" para aplicalas á artesanía de Galicia e a "aquelas industrias que traten de estabelecer unha caracterización particular na natural competéncia con industrias similares de outros países".
SEOANE, LUIS. Edición de Lino Braxe e Xavier Seoane. Galicia Emigrante (1954-1971)). Ediciós do Castro. Sada. 1989. Páxinas 128-129
Publica o teu comentario agora