Temor ante os defuntos

Temor ante os defuntos
06 de Outubro, 2020 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

Achégase o día de Defuntos. É unha data moi importante para as floristerias de Fene que seguen a preparar todo a pesar da COVID 19.

ESCOITA O PODCAST:
Floristería Azalea. Avenida do Concello de Fene

As floristerias de Fene aínda non teñen encargos para Todos os Santos e Defuntos. Contan con que se aglomeren todos os pedidos para os últimos días, como de costume. A pesar diso, as medidas de seguridade incrementáronse e cada negocio está facendo o posible para actuar de acordo có que “a nova normalidade” esixe, segundo Rocío Dobarro, da Floristeria Azalea. Ademáis, van apostar polo produto da casa para garantir a calidade das encargas.

Coma a maioría de comercios tiveron que pechar cando chegou a pandemia pero eles non abriron as portas da tenda ata o 11 de maio. As floristerias perderon datas moi relevantes como o día de San Xosé ou o Día da Nai. Aínda así, non consideran necesario a saída antes do Dia de Defuntos con expositores á rúa xa que “é unha data moi sinalada, e a xente non esquece as flores”. O que máis asusta é que as medidas de seguridade restrinxan o aforo nos cemiterios e a xente non poida acudir. Iso provocaría un desplome das ventas. A pesar da pandemia, os comerciantes mostranse optimistas e con ganas de traballar para que, todo aquel que así o desexe, teña flores para levar o un e o dous de novembro.  

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora