Tempada moi positiva

Tempada moi positiva
15 de Maio, 2023 - 10:25 h. | Publicada por Radio Fene

"A tempada foi moi positiva, conseguimos un excelente ambiente no grupo e cunha alta competitividade". "Estivemos moi preto da zona nobre da clasificación e logramos vinte unha vitorias". O Barallobre finalizou a Liga da Segunda Galicia de fútbol na segunda posición do seu grupo. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

"O resultado de empate a un foi xusto porque os dous equipos tentaron facer o mesmo, controlar o balón desde o inicio pero pouca profundidade ofensiva" salienta o adestrador da S.D.Barallobre Miguel Carballeira. "Valoramos o esforzo e o traballo da xunta directiva para conseguir melloras nos diferentes aspectos do clube". No último partido da Liga, Barallobre 1 - Esteiro 1.

 

Na imaxe Dani Löpez "Fuguillas", unha das fichaxes desta tempada da S.D.Barallobre

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora