Tempo Catro leva a Lugo os seus cantos a Rosalía

Tempo Catro leva a Lugo os seus cantos a Rosalía

05 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo, organizan para este sábado 7 de decembro o concerto do sexteto Tempo Catro, que terá lugar no Círculo das Artes ás 20:30 horas con entrada gratuíta. O sexteto ferrolán interpretará no Círculo das Artes unha ducia de temas do disco homónimo, que está a presentar por toda Galic

Tempo Catro, que vén de encher xa escenarios de Galiza como o Teatro Jofre de Ferrol, está composto polos profesores do Conservatorio de Ferrol Suso Iglesias (acordeón), Andrés Pazos (piano), Antonio Romero (contrabaixo), Pablo Salgueiro (instrumentos de percusión), o profesor do Conservatorio da Coruña Javi Cedrón (violín) e a voz da cantante Begoña Lorenzo que se incorpora con este espectáculo e disco á formación.

Cultura