Tempo de conflitos

Tempo de conflitos
22 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“O mundo está moi polarizado, vese na política e en todos os debates”, afirma o psicólogo José Barcia. A xente moza naceu e medrou nun mundo cargado desas mensaxes e nun tempo no que todo se quere para xa. Isto en ocasións xera situacións conflitivas, advirte.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

“O conflito é inherente ás relacións humanas, e igual que pasa coa crise, o conflito pode ser un risco ou oportunidade”, explicou Barcia. Iso si, para que sacar partido dun conflito son necesarios “actitude e as ferramentas para levalo de xeito que nos axude a medrar”, indica.

 

Imaxe Dia do Deporte na rúa 2023

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora