Tempo de Entroido

Tempo de Entroido
22 de Febreiro, 2025 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

Preparando o Entroido. Ata o luns poden anotarse as comparsas que queiran participar nos festexos en Fene. Falamos da marcha da organización da festa co Concelleiro de Cultura, Justo Ardá.

ESCOITA O PODCAST:

Comparsas de Fene e de outros concellos da contorna participarán no gran desfile de Entroido previsto para o 5 de marzo, mércores de cinza e festivo local. Na véspera, o martes 4 o programa inclúe Festa Infantil a partir das 18.00 horas a cargo de La Guagua e a tradicional merenda con reparto de lambetadas, coa axuda da AC O Tadetas. A partir das 21.00 horas comezará a actuación da orquestra Panamá.O desfile sairá o 5 de marzo, ás cinco e media da tarde, do CCRD de Perlío. Este ano o Testamento será escrito por Paula Carballeira. A Queima do Entroido e un espectáculo pirotécnico completarán a xornada festiva. 

O Concello axuda ás comparsas con 8.000 euros para incentivar a participación cidadá no Entroido de Fene. Este ano, como novidade, destínanse 2.000 euros para aquelas comparsas que presenten a coreografía máis atractiva, explicou o concelleiro de Cultura.As comparsas teñen tempo ata o luns, ás 14 horas, para anotarse no departamento de Cultura.

Institucional

Publica o teu comentario agora