Tempo de sardiñas

Tempo de sardiñas
10 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Sardiñada este sábado pola noite en Magalofes. Unha das distintas propostas para este verán das que informou en Radio Fene o presidente da Asociación Veciñal San Xurxo, Manuel Pico.

 

ESCOITA O PODCAST:



"Xullo con calor, sardiñas con sabor". Reclamo para a sardiñada que este sábado organiza a Asociación San Xurxo de Magalofes. No local social ás nove da noite, para que ninguén quede sen sardiñas se quere ir á praia. Manuel Pico indicou que contan xuntar ata 170 persoas na sardiñada. Servirán sardiñas, cachelos e pan de millo e trigo, con bebida. Aínda é posible anotarse. Prezo dez euros para persoas non socias. Serviranse ao redor de 50-70 kg de sardiñas, segundo calcula o presidente da entidade, Manuel Pico. Preparar tantas sardiñas asadas dá moito traballo, pero fano con gusto para xuntar á veciñanza. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora