Tempo de solidariedade

Tempo de solidariedade
17 de Decembro, 2021 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Os rapaces e rapazas da clase de valores de 5 A de Educación Primaria impulsaron nas últimas semanas unha campaña solidaria de recollida de alimentos no CPI Atios dirixidos á Cociña  Económica. Demostraron que, con ganas, esforzo e ilusión, cada un de nós podemos axudar moito máis do que pensamos. Iso fixeron eles e elas, nove nenos e nenas lograron encher con turróns, doces, cacao, galletas, leite... unha furgoneta enteira que esta mañá poñía rumbo á Cociña Económica. Iso si, contaron para iso coa extraordinaria axuda da xente de Valdoviño, que respondeu á súa

chamada.

Quinto do colexio Atios de Valdoviño

Guiados pola súa profesora, María Dolores Freire, fixeron de todo: carteis para anunciar a iniciativa, xestións coa Cociña Económica, chamadas á solidariedade das familias do Atios, reconto de produtos... e esta mañá, axudados tamén polo alcalde, Alberto González, transportaban todo o continxente á furgoneta da Cociña Económica. 17 bolsas de cacao, 61 turróns, 37 litros de leite, 13 caixas de cereais, unha morea de botes de especias, 81 paquetes de galletas, e 23 lotes de doces navideños. Alimentos que formarán parte dos menús de Nadal que diariamente serven na Cociña Económica.

Sociedade

Publica o teu comentario agora