ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nenos e nenas teñen aínda unhas horas por diante para ultimar as súas peticións de Nadal. Aproveitan estes primeiros dias das vacacións escolares para tomar as últimas decisións. Como fan Aldán, que ten 8 anos, e Alén, de 4, os fillos de Juanma Sánchez, da tenda Cáprica, que esta mañá presentou en Radio Fene dous novos xogos.

Aldán e Alén sacaron moi boas notas no colexio e, polo que nos dí seu pai, parece que teñen os agasallos asegurados. Juanma presentou en Radio Fene dous novos xogos. “4 Pistas” é un xogo de partidas rápidas para maiores de dez anos. Trae cubiletes e tarxetas e trátase de atinar unha palabra ou personaxe. “Las aventuras de Robin Hood” é un xogo de caixa grande. “Moi bonito e peculiar para vivir as aventuras da cuadrilla de amigos de Robin Hood a través do bosque de Sherwood”, sinala Juanma.
Publica o teu comentario agora