Tempo de xogo

Tempo de xogo
22 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Magic para pobres e outros xogos ata a media noite este venres na tenda Cáprica de Fene. Juanma Sánchez tamén presentou dous novos xogos en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Para o mes de outubro está previsto que se dispute a final da Liga Galega de Pauper “o Magic para pobres”. É unha iniciativa na que están aliadas cinco tendas ou entidades galegas, unha de Fene, o establecemento Cáprica. Cada un dos organizadores terá catro prazas na final galega, que aínda non ten sede fixada pero probablemente será en outubro. Este venres pola tarde pola tarde volven a disputarse partidas da competición en Cáprica onde se xogará ata ben entrada a noite, pois tamén haberá xogos de mesa a partir das oito e cuarto e aproximadamente ata a media noite. Para xogar na casa, Juanma Sánchez propón esta semana dúas novidades. “Para partidas rápidas e intensas de dúas persoas”. Son dúas posibilidades moi diferentes: King of Tokio Duel é un xogo de acción, Azul Duel é un xogo de deseño e cálculo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora