Tempo tolo

Tempo tolo
24 de Xuño, 2026 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

Non precisou poñerlle título Enma Rodríguez Grueiro para gañar o segundo premio na categoría infantil do IV Concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno, un certame instituído polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial.

ESCOITA O PODCAST:

“Isto do cambio climático estanos volvendo tolos” é o texto que acompaña unha historieta protagonizada por un flamenco, un pingüino, un camello, un oso polar e un paxaro que pode ser unha pomba ou un galo. A autora é  Enma Rodríguez Grueiro, unha nena de 11 anos que vive en Sedes, en Narón, gañadora do segundo premio na categoría infantil.  O xurado valorou o deseño e a expresividade de personaxes; a claridade coa   que aborda o tema; a composición de páxina e como está distribuída a información ao redor da viñeta central; e a capacidade de síntese visual, contando a historia practicamente sen texto.

Enma aposta por reciclar máis e por reducir os plásticos para frear o cambio climático. Recibirá o seu premio o vindeiro día 29 de xuño, ás 17 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín.

Cultura

Publica o teu comentario agora